Páxinas

Cartel e video do Lou Fest 2026

 O fin de semana pasado estivemos tocando en San Lourenzo(Cambre), no moi gostoso Loufest 2026.

Ai tendes a proba do noso paso polo festi, estreando un tema novo: Habemus!!




O vindeiro sábado 27 de xuño estaremos na Cervexaría La beltane de Lalín

 


                                                                                          Alí nos vemos!!

Concerto na Gentalha do Pichel xunto con Sangenjo

 

                                                                        Vémonos alí!

Ao vivo no Gatos de Melide!!

Aquí tendes unha humilde testemuña da festa que se montou no Gatos de Melide:
-En primeiro termo interpretamos Mantemento, tema que forma parte do noso EP, Aínda dis-funcionais?? 
-A continuación, a estrea dun novo tema que se chama Adoración. 
-Por último, pero non menos importante, unha fermosa suma reivindicativa. Lume!!









 

O 17 de abril estaremos no Pub Gatos de Mélide

 

Concerto de Bico!! no Gatos de Mélide.
Ademais do novo E.P., temos novos temas que están desexando coñecervos.
Quedades avisadxs!


Novo videoclip de Bico!!: Bailar

 Seguimos promocionando o noso novo E.P. Sabede que en breve anunciaremos tres datas de presentación

 ao vivo, entretanto, aquí tendes un videoclip: Bailar.

Bailen!!








"Zapoi", o videoclip

 O noso baixista, que ten evidentes inquietudes cinéfilas, ideou esta especie de curtametraxe para acompañar a "Zapoi", un dos temas incluidos no E.P. "Aínda dis-funcionais??".

Coa inestimable axuda dun grupo de amigxs e a xenerosidade de Josinho do Bar 13 e Sandra do Bar Pato Rojo, rodouse esta pequena homenaxe ás esmorgas. 

Enjoy it!!!




Xa dispoñible AÍNDA DIS-FUNCIONAIS??

  ATENCIÓN!!




MENSAXE MOI IMPORTANTE SE GUSTAS DO MELLOR ROCANROL!!


Nun alarde de orixinalidade, poderíamos dicir que OS TEMPOS SON CHEGADOS, mais

 como somos unha banda moi apegada á linguaxe da rúa, imos ser máis prosaicos:


XA ESTÁ DISPOÑIBLE A PRESENTACIÓN DA NOVA FORMACIÓN DE BICO!!


AÍNDA DIS-FUNCIONAIS??


EN TODAS AS PLATAFORMAS DE STREAMING!!!


Gravado en directo nos Estudos Bonham da Coruña!


Aquí vos deixamos a ligazón ao disco en Spotify:


https://open.spotify.com/intl-es/album/3pp0ZR5xjOIV695hrJD7wr?si=fFYeW2TbRZyElFxyqPl30w


Aquí a ligazón en Youtube:

Por último, o guitarra e vocalista principal de Bico!!

Tócalle o turno de presentación ao encargado dos berros e as guitarras


Por riba da base rítmica que forman os dous titáns anteriormente presentados, bule, vai e ben, a guitarra e os berros do noso protagonista de hoxe: Xurxo Esquío.



Nas súas propias verbas:

Empecei con Bico!! coa intención de facer unha música que mirara máis ás orixes do rocanrol, como un proxecto meu en solitario. Por fortuna, atopeime no camiño con estas dúas bestas que elevaron moito as miñas expectativas e, por suposto, a diversión. Por moito anos!!

Pois xa está feito. Xa coñecedes á banda, agora non poderedes dicir que non estabades avisados. Permanecede atentos ás nosas redes porque a cousa vai quecer moito!!

Bicos!!

O noso baixista...

 Despois de presentarvos no post anterior a nosa batería Beti, seguimos coa outra pata da sección rítmica!!

Calquera que estea ao tanto do acontecido no intramundo da música máis cañeira e reivindicativa de Gz nos últimos vinta e cinco anos, ten que coñecer a Cipri, o baixista de Bico!! e Derradeiros. Tamén o foi de Técor Societario ou dos míticos Retobato.

Ademais de aportar a súa valía coma músico e compositor, Cipri é unha garantía de continuidade para os bares e tabernas que se atopen no seu radio de acción.

Isto que é o que nos transmitiu cando lle pedín un texto de presentación:




Maltratador de cordas e benfeitor de tabernas.

O bo se breve, así acabas antes.

Seguiremos informando!!

Feliz ano a todxs!!