Bico!!
Garaxe-punk-rock and roll from Galiza to the world!!
Cartel e video do Lou Fest 2026
O fin de semana pasado estivemos tocando en San Lourenzo(Cambre), no moi gostoso Loufest 2026.
Ai tendes a proba do noso paso polo festi, estreando un tema novo: Habemus!!
Ao vivo no Gatos de Melide!!
O 17 de abril estaremos no Pub Gatos de Mélide
Novo videoclip de Bico!!: Bailar
Seguimos promocionando o noso novo E.P. Sabede que en breve anunciaremos tres datas de presentación
ao vivo, entretanto, aquí tendes un videoclip: Bailar.
Bailen!!
"Zapoi", o videoclip
O noso baixista, que ten evidentes inquietudes cinéfilas, ideou esta especie de curtametraxe para acompañar a "Zapoi", un dos temas incluidos no E.P. "Aínda dis-funcionais??".
Coa inestimable axuda dun grupo de amigxs e a xenerosidade de Josinho do Bar 13 e Sandra do Bar Pato Rojo, rodouse esta pequena homenaxe ás esmorgas.
Enjoy it!!!
Xa dispoñible AÍNDA DIS-FUNCIONAIS??
ATENCIÓN!!
MENSAXE MOI IMPORTANTE SE GUSTAS DO MELLOR ROCANROL!!
Nun alarde de orixinalidade, poderíamos dicir que OS TEMPOS SON CHEGADOS, mais
como somos unha banda moi apegada á linguaxe da rúa, imos ser máis prosaicos:
XA ESTÁ DISPOÑIBLE A PRESENTACIÓN DA NOVA FORMACIÓN DE BICO!!
AÍNDA DIS-FUNCIONAIS??
EN TODAS AS PLATAFORMAS DE STREAMING!!!
Gravado en directo nos Estudos Bonham da Coruña!
Aquí vos deixamos a ligazón ao disco en Spotify:
https://open.spotify.com/intl-es/album/3pp0ZR5xjOIV695hrJD7wr?si=fFYeW2TbRZyElFxyqPl30w
Aquí a ligazón en Youtube:


.jpg)














