Por último, o guitarra e vocalista principal de Bico!!
Tócalle o turno de presentación ao encargado dos berros e as guitarras
Por riba da base rítmica que forman os dous titáns anteriormente presentados, bule, vai e ben, a guitarra e os berros do noso protagonista de hoxe: Xurxo Esquío.
Nas súas propias verbas:
Empecei con Bico!! coa intención de facer unha música que mirara máis ás orixes do rocanrol, como un proxecto meu en solitario. Por fortuna, atopeime no camiño con estas dúas bestas que elevaron moito as miñas expectativas e, por suposto, a diversión. Por moito anos!!
Pois xa está feito. Xa coñecedes á banda, agora non poderedes dicir que non estabades avisados. Permanecede atentos ás nosas redes porque a cousa vai quecer moito!!
Bicos!!
O noso baixista...
Despois de presentarvos no post anterior a nosa batería Beti, seguimos coa outra pata da sección rítmica!!
Calquera que estea ao tanto do acontecido no intramundo da música máis cañeira e reivindicativa de Gz nos últimos vinta e cinco anos, ten que coñecer a Cipri, o baixista de Bico!! e Derradeiros. Tamén o foi de Técor Societario ou dos míticos Retobato.
Ademais de aportar a súa valía coma músico e compositor, Cipri é unha garantía de continuidade para os bares e tabernas que se atopen no seu radio de acción.
Isto que é o que nos transmitiu cando lle pedín un texto de presentación:
Maltratador de cordas e benfeitor de tabernas.
O bo se breve, así acabas antes.
Seguiremos informando!!
Feliz ano a todxs!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

